Logo Eleccións 2020
Logo da Xunta de Galicia

Aviso legal

Información xeral

  • As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.
  • A Xunta de Galicia é a titular do dominio de segundo nivel “eleccions2020.xunta.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.
  • O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.
  • A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
  • A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
  • A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

  • Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
  • A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
    • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
    • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
  • Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Privacidade

  • Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:
  • Cookies propias: son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.
  • Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.
  • Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.
  • Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí.
  • Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

Protección de datos

  • “De acordo co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, (RXPD) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes, así como na Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, como responsable do tratamento de datos, infórmao de que todos os datos achegados a través deste sitio web trátanse de maneira lícita, leal e transparente, de acordo á finalidade e da forma o máis exacta posible, garantindo a integridade e confidencialidade destes, así como a súa minimización.
  • Finalidade do tratamento: xestionar con carácter único e exclusivo os datos necesarios para os fins previstos no procedemento ou actuación do que se trate.
  • Lexitimación: O tratamento é necesario para o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos e o consentimento do interesado (artigo 6.1.e) e a) do RXPD).
  • Criterios de conservación dos datos: conservaranse durante a tramitación e xestión do correspondente procedemento e mentres resulten necesarios para atender ás correspondentes responsabilidades en relación á finalidade e ao tratamento dos datos. Durante a conservación aplícase a normativa de arquivos e documentación e cando xa non sexa necesario conservalos, suprimiranse con medidas de seguridade adecuadas para garantir a seudonimización dos datos ou a destrución total destes.
  • Comunicación dos datos: non se comunicarán os datos a terceiros, salvo obriga legal, fóra dos casos estritamente necesarios de acordo á finalidade do tratamento, tales como aos prestadores de servizos en conformidade coa normativa vixente.
  • Dereitos que asisten ao Interesado: dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos seus datos e os de limitación e oposición ao seu tratamento, que poden ser exercitados dirixíndose ao Delegado de protección de datos do responsable do tratamento https://www.xunta.gal/delegados-de-proteccion-de-datos. Ademais, ten dereito a presentar unha reclamación ante a Autoridade de control (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente”.

Uso de linguas

  • A Disposición adicional sexta da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, determina que se garantirá o uso das linguas oficiais do Estado nas relacións por medios electrónicos dos cidadáns coas Administracións Públicas, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e na normativa que en cada caso resulte de aplicación. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

  • Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Pode obter máis información pulsando aquí